martes, 5 de abril de 2011

SD Pol 1 - 2 SD Muimenta

Dous goles de Yader dánlle ó equipo de 'pereira' os tres puntos; nun terreo de xogo en moi malas condicións.



O encontro disputado en Bretoña entre o Pol e o Muimenta, comezou cos dous equipos tanteando ó rival, case todo era xogo aéreo, debido entre outras cousas ó mal estado do terreo de xogo.

No min. 10 teríamos a primeira acción polémica do partido; xogada do Muimenta pola banda esquerda e logo dun centro a área, un xogador do Pol comete unha clara man que o colexiado non sinala. A xogada remataría con unha ocasión de Yader que Mario atallaría.

No min. 22 a ocasión desta vez sería para o Pol. Saque de esquina que cabecea un xogador do Pol e Izar moi atento saca unha man que salva ó Muimenta do 1-0; logo dunha serie de rexeites a xogada acaba cun disparo ó poste.

Os minutos ían transcurrindo e ámbolos dous equipos seguían practicando o mesmo xogo. Antes de rematar a primeira metade cabe destacar dúas accións.

No min. 30 outra clara man dentro da área do Pol que o colexiado dice non ver. E no min. 34 centro á área de Casiano dende a banda esquerda e Yader só ante Mario remata por encima do trabesaño.

Así chegaríamos ó descanso.

Trala reanudación o Muimenta sae dominando, e outra vez o colexiado mira para outro lado cando un xogador do Pol lle toca ó esférico ca man dentro da área. Xa van tres!

O Muimenta dominaba, e o gol pronto chegaría. Min. 7 do segundo tempo, Casiano métese dentro da área entre dous defensas e no man a man con Mario cédelle o balón a Yader para que éste marque a pracer o 0-1.

No Min. 20 o Pol empataría o encontro. Lamas métese dentro da área co esférico e no man a man con Ízar resolve con un disparo cruzando. era o 1-1.

5 minutos despois o Muimenta volvería a poñerse por diante no marcador. Min. 25 Cascudo lanza un libre directo moi forte dende a liña de 3/4 que Mario non consigue atallar, e Yader moi antendo ó rexeite do gardamallas marcaría o 1-2.


Os dous equipos gozarían de máis oportunidades pero o resultado final foi o 1-2 para o Muimenta.