jueves, 23 de diciembre de 2010

Especial Fin de Ano

S.D. Muimenta Femenina


É para min unha honra poder presentarvos á S.D. Muimenta femenina... Sintindoo moito polos xogadores da S.D. Muimenta, creo que estas xogadoras si van encher ó O'Pichón...jejeje.











Se vos gustou a noticia, firmade... ;)


Bo Nadal a todos/as.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Fin da primeira volta


A primeira volta xa é historia, e o 2010 está a piques de terminar dándolle folgos, enerxía e ilusións ó Muimenta de cara ó 2011.

A primeira volta do Muimenta resúmese da seguinte maneira: 10 partidos gañados, 3 partidos empatados e 2 partidos perdidos; con 35 goles marcados e 24 goles encaixados. Tan só o Xermade se pode permitir o luxo de chufarse con mellores estadísticas.

A finais de ano sempre se fan promesas ou se piden desexos ou se piden forzas para lograr os obxetivos propostos para o novo ano. Pois o 2010 deixa nos postos de ascenso a 1º rexional ó Muimenta para poder logar o seu obxetivo.

Clasificación:


Resultados xornada nº15


A estadística do Muimenta nesta 1º volta:


Tan só me queda desexarlle ó Muimenta que sigan na mesma liña que o están a facer.

AUPA MUIMENTA

lunes, 20 de diciembre de 2010

SD Muimenta 4 - 2 SDC. Roupar


O Partido entre a S.D. Muimenta e o SDC. Roupar solventouse con un 4-2 a favor do cadro que dirixe Nito Eiras (Pereira). O'Pichón puido disfrutar dunha primeira parte, donde o Muimenta mereceu marcar máis goles e deixar o partido sentenciado ó descanso. Os xogadores do Muimenta tocaron o esférico en todas as percelas do campo con gran soltura e claridade, os dous interiores, Casiano e Moreno facían destrozos na zaga do Roupar cada vez que tiñan a oportunidade... Primeiro yader e minutos despois David farían o 2-0 co que se chegaría ó descanso, donde a relaxación do Muimenta e o despertar do Roupar lograron empatar o encontro. Primeiro, un saque de porta en longo de Diego que se o traga a zaga do Muimenta, habilitan a que Iago se plante nun man a man con Izar e puidese facer o 2-1. Instantes despois, unha man na area do Muimenta sería castigada con penalty que se encargou de transformalo Iago.

Sen case darse de conta do que acontecía, o Muimenta víuse ferido por culpa desa relaxación e viron que un partido que o tiñan gañado acababano de empatar. Pereira rápidamente poría a quentar os suplentes para darlles entrada no encontro, primeiro faríano Dani e Miguel Morán, con eles xa no terreo de xogo o Muimenta volveríase a adiantar no marcador por medio de Óscar, tras lanzar de forma maxistral un saque de falta que superou á barreira e o que Diego non chegou a atallar. Con 3-2 no marcador e co partido roto entrarían no terreo de xogo Danilo e Rubén. O 4-2 final chegaría case o final do partido por obra de Casiano, tras recibir un balón en longo de Dani, donde casiano despois de recorer uns cantos metros co balón controlado, deixando atrás á defensa do Roupar, encarou a Diego, regateouno e a porta baleira marcou o cuarto gol do Muimenta, cando o Roupar xa estaba volcado en ataque con dous homes menos no terreo de xogo.


Alineacións:

S.D. Muimenta: Izar; Oscar, Adrian, Garboso, Benja; Moreno, David, Fontao, Casiano; Ambi e Yader. Tamén xogaron: Dani, Ruben, Danilo e Miguel Morán.

SDC. Roupar: Diego; Cundi, Alberto, Cabanela, Marcos; Luis, Couso, Iago, Abajo, Acción; Julio. Tamén xogaron: Ambi e Andrés.

Goles: Para o Muimenta marcaron; Yader, David, Oscar e Casiano. Para o SDC. Roupar marcou: Iago (2).

Observacións:

Partido disputado en O'Pichón con unha entrada frouxa de xente.


viernes, 17 de diciembre de 2010

Resultados da enquisa

A enquisa que até agora está no portal da páxina web, xa vai tomando forma, e a xente polo momento decántase porque os xogadores máis nobeis deberían de xogar incluso de titulares porque son importantes neste equipo...


...E recorda deixar a túa opinión sobre este tema comentando esta noticia dende aquí, e tamén pasar polo portal da web para votar...

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Xornada 14 e xornada 15



A xornada nº 14 terminou cos seguintes resultados:


E na vindeira xornada, nº 15, correspóndenlle os seguintes encontros:



martes, 14 de diciembre de 2010

Resultados da enquisa

Pois aquí temos os resultados da enquisa que até agora estivo no portal...


Non esquezas pasar polo portal da S.D. Muimenta e participar na nova enquisa



Clasificación e partidos


O Muimenta tras gañar contra o Bonxe sigue segundo na clasificación amarrandose ós postos de ascenso.




Bonxe 1 - 3 S.D. Muimenta


O Partido entre o Bonxe e a S.D. Muimenta solbentouse con un 1-3 a favor do cadro que dirixe Nito Eiras (Pereira).Todos os goles celebráronse na segunda parte do encontro. Na primeira parte o Bonxe xogou mellor que a S.D. Muimenta, e tivo varias oportunidades de adiantarse no marcador, pero a gran actuación de Izar Sinde, gardamallas da S.D. Muimenta, logrou aguantar o resultado até o descanso, no cal despois dunha boa charla técnica de “Pereira” conseguíu despertar os seus xogadores para que firmaran unha boa segunda parte con ocasións e goles.


O 0-1 chegou por obra de Ambi logo dunha boa xogada. O 0-2 chegaría despois de un rechace da zaga do Bonxe que Dani Eiras remataría con un bo golpeo sen parar o esférico dende o frontal da área, cabe resaltar que Dani Eiras acababa de saltar o terreo de xogo momentos atrás, ó igual que o seu compañeiro Javi Morán, del foi o 0-3, despois de aguantar o balón rodeado por tres rivais, fixo un formoso regate, deixou sentados os tres defensas e diante do porteiro non lle temblaron as pernas e pegoulle ó esférico un duro golpeo que se colou entre o porteiro e o primeiro poste. O primeiro e único tanto do Bonxe subiría o marcador a piques de rematar o encontro, cando a S.D. Muimenta xa baixara o nivel de xogo. Outro partido máis gañado e outros tres puntos que se suman o equipo de O’Pichón.