Partidazo o visto no campo do Alfoz o pasado Domingo. É moi dificil poder explicar detalladamente o que se vivíu en Alfoz. Xogaban o terceiro e o segundo clasificado na liga, o Alfoz (terceiro) buscaba gañar o encontro como fose no seu propio campo diante os seus aficionados, podendo así achegarse ó Muimenta para loitar por un dos dous postos de ascenso a primeira rexional. E o Muimenta (segundo) buscaba levarse algún punto dun campo moi complicado, ante un rival directo, e así poder seguir gozando de certa ventaxa na clasificación.
Con este pronóstico o partido arrancou con ámbolos dous equipos lanzados a querer levar o peso do partido, o que fixo que se vivira, como xa dixen, un partido moi interesante. Os primeiros oito minutos o Alfoz tiña a posesión do esférico e conseguíu que o Muimenta non lograse saír do seu propio campo, pero o Muimenta non se arrugou e logrou asentarse no campo e así facerse co esférico. As primeiras ocasións do encontro serían para o Muimenta, onde Danilo, non acertou a marcar. Pero o primeiro gol dos catro que se viron en Alfoz chegaría para o equipo local. José agarra a un xogador do Alfoz na área e o colexiado sinala penalty. 1-0 para o Alfoz. Pero o Muimenta non se veu abaixo e seguíu facendo un partidazo en toas as liñas, e así chegou o 1-1 por obra de Danilo, éste controla un balón dentro da área, dese a volta e coa esquerda golpea forte batindo ó gardamallas do Alfoz.
Así chegaríase ó descanso.
Xa no segundo tempo o partido foi un espello do primeiro tempo. Saída do Alfoz co balón e o Muimenta un pouco atrás, un fallo na defensa que deixan que un xogador do Alfoz entre na área e dea un pase da morte ó frontal, onde apareceu un compañeiro e con un disparo raso e seco bate a Izar, 2-1, de novo o Muimenta por detrás do marcador. O Muimenta volvería a meterse no encontro xogando de novo moi ben, así a falta de 15 minutos para o final, Oscar marcaría o 2-2 definitivo.
Un resultado, para o meu parecer, xusto. Os dous equipos merecían a gañar.
Os xogadores do Muimenta fixeron todos, pero todos, un partidazo. Pero vanme permitir que publique un nome propio. Non quero entrar en detalles porque se non, tería que ir un por un, porque repito que todos sobresaíronse.
Pero houbo un xogador que me deixou fascinado, un xogador que leva xa varios partidos xogando como calquera profesional na súa parcela, un xogador que cada partido, cada minuto, cada acción merece un aplauso, e así, canda vez que toca o esférico, a afición do Muimenta (incluome) ponse de pé e aplauden para felicitalo. Ese xogador é ADRIÁN, un central xuvenil coas dotes dun central veterano. Marcaxe ó home, pefecta. Atento a calquera balón que chega á zaga do Muimenta. Cubríndolle as costas os compañeiros. Anticipando os dianteiros do Alfoz unha e outra vez e sancado o esférico sempre con sentido e coherencia.
Así, o Muimenta sege segundo, sege nos postos de ascenso con catro puntos de vantaxa co Alfoz.










