jueves, 13 de enero de 2011

Entrevista a Ízar Sinde González, porteiro da S.D. Muimenta



1) Canto tempo lle adicas ó fútbol á semana?

Pois 4 horas de adestramento e os partidos.

2) Cando e como decidiches ser porteiro?

Hai uns... 4 anos, cando empecei a adestrar co Muimenta.

3) Cales son as túas aspiracións no futuro como porteiro?

Simplemente mellorar día a día.

4) Cal cres que é a posición que mellor ten cuberta ó Muimenta?

Eu creo que a posción de medio centro é a mellor cuberta, tanto en teoricos titulares como en suplentes.

5) Ves ó Muimenta ascendendo a 1º rexional este ano?

É cedo para dicir iso, pero espero que si, estaría moi ben.

6) Cantas temporadas levas no equipo e cal foi a mellor até agora?

Levo 3, e a mellor de todas esta, sin dúbida.

7) A túa peor decepción sendo porteiro?

Mmm... buff... non sei, hai varias, supoño que o partido do ano pasado co Cabreiros, onde xa se sentenciaba o noso descenso.

8) E a túa maior alegría?

Polo momento o meu debut.

9) Pensas que contas co total apoio da afición do Muimenta, pese a ser tan xoven e ser porteiro titular?

Eu penso que si, ademais non só conmigo, a afición esta co equipo.

10) Quen foi a persoa que máis che axudou para mellorar día a día?

Sobre todo, no día a día, os compañeiros nos adestramentos, pero tamén me axudaron moito en algúns adestramentos individuais nas pretemporadas, Luis Sandamil, Saavedra, Pereira...



11) Cal é a túa maior virtude como porteiro?

A paciencia e os tiros desde fora (se estou atento) jajajajajaja ;)

12) E a peor?

mm... algunhas saídas nos corners supoño.

13) Cres que pereira é un adestrador ofensivo ou defensivo?

Ofensivo, co equipo que ten como para non selo! jejeje

14) Como ves a defensa do Muimenta este ano?

Moi segura, a verdade é que estou moi contento ca defensa.

15) Que xogador profesional admiras e porque?

David De Gea, (Apesar da cantada do outro dia). Admiro como ca sua xuventude, se fixo un hoco nun equipazo como o Atletico a base de paradóns e salvar partidos...

16)Pois nada máis, tan só desexarche que teñas moita sorte no presente e no futuro tanto como porteiro como na túa vida persoal. Un saúdo e AUPA MUIMENTA.

Pois que é un orgullo xogar nun equipo como este, no que ademais do futbol tampouco faltan as festas e que ademais de excelentes xogadores, detras tamén hai excelentes persoas. AUPA MUIMENTA!

2 comentarios:

  1. Danilo:
    Boa entrevista Vigooo!A seguinte teslla que facer ó fisioterapeuta do Muimenta, jaja.
    Saúdos e noraboa polo blog, que vaia medrando!

    ResponderEliminar
  2. Fontao:

    Noraboa o entrevistador e o entrevistado.

    Bo traballo tamén,tanto a páxina coma o blog,a seguilo completando!
    Un saúdo a todos e haber se poido voltar canto antes.

    ResponderEliminar