lunes, 7 de noviembre de 2011

domingo, 6 de noviembre de 2011

O Muimenta gañou ó Parga por 4-2

O Muimenta gañou por 4-2 ó Parga con goles de Casiano (2); Oscar e Javier Morán. Un partido con moitas dificultades para o cadro que dirixe Somoza; aínda que no arranque do choque Casiano poñería o 1-0 grazas a un fallo, en primeira instancia, da defensa e logo do gardamallas do Parga.

Na primeira metade vivíuse un partido moi intenso con moita electricidade pero con pouca efectividade... O gol do Parga chegaría logo dun lanzamento potente dende a liña de tres cuartos que collería a Sandamil adiantado. 1-1 ó descanso.


Na segunda metade máis do mismo, pero o Muimenta quedaríase con 10 homes no terreo de xogo por unha expulsión a Samuel; o lateral esquerdo do Muimenta chega tarde e derriba a un xogador do parga, o árbitro non dudou en sacar o cartón vermello. Dificultábaselle a tarde ó equipo de O pichón, que momentos despois sinalaríanlle penalty en contra; un xogador do Parga gánalle as costas a Diego e métese dentro a área, cando se quedaba sen ángulo notou un leve contacto na espalda e non duda en tirarse o chán, o colexiado sinalaría pena máxima. Por sorte para o Muimenta, o lanzamento dende os once metros saliría por riba do trabesaño da portería defendida por Sandamil.

Esto deulle un respiro ó Muimenta, 5 minutos despois o colexiado volvería a sinalar penalty, pero desta vez na área do Parga por mans. Encargaríase de transformar a pena máxima Oscar, conseguindo poñer o 2-1 no marcador.

Á falta de 22 minutos para o final do encontro o Parga poñería de novo tablas no marcador, 2-2 logo de varios rexeites da defensa do Muimenta.

O Parga conseguíu meter ó Muimenta na súa propia área, e todo indicaba que os tres puntos serían para o cadro visitante... Pero salíu un revulsivo, Javier Morán, logo dunha contra pola banda esquerda de Casiano, vaise de dous homes e saca un centro a rás do chán, Javier Morán moi atento na xogada entrou libre de marcaxe dende o segundo poste e marcaría a pracer o 3-2.


Con un home máis, e de novo por detrás no marcador, o Parga buscaría o empate de novo... pero outra vez Javier Morán presiona un rexeite da defensa do Muimenta conseguíndo levarse o balón pegado a liña de cal, cédelle o esférico a Casiano e este chuta á porta dende a frontal da área, o gardamallas non consegue amarrar o esférico e de novo J. Morán presiona conseguindo que Casiano marque o definitivo 4-2.

A mala noticia da tarde para o Muimenta foi a lesión de Marcos, un peso pesado na medular; esperemos que pronto poida volver ós terreos de xogo.

lunes, 22 de agosto de 2011

Casiano nombrado Mellor Xogador do Trofeo

O Capitán da S.D. Muimenta, Casiano, foi nombrado como o Mellor Xogador do IV TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE COSPEITO. Seu foi o primeiro gol do encontro, logrando encarrilar así o partido e o trofeo cara as vitrinas de O'Pichón.






domingo, 21 de agosto de 2011

O Muimenta gañou o torneo ante o Cospeito por 2-0

O'Pichón vivíu un día con moito fútbol. Antes do partido que disputou a S.D. Muimenta ante o C.D. Cospeito; xogouse un partido amistoso entre os xuvenis do Cospeito e os xuvenis do C.D. Lugo.
O Muimenta e o Cospeito abriron o telón co primeiro derby desta nova pretemporada 2011-2012, co partido da copa "Concello de Cospeito".


O encontro comezou con moi bo ritmo e cos dous equipos tentando dominar a posesión. Ningún dos dous equipos quería xogar o patadón, e cada vez que o gardamallas de ámbolos dous equipos sacaba de portería, sempre o facía en corto cos centrais.

No min. 20 Casiano, (nombrado mellor xogador do partido) marcaría o 1-0 para o Muimenta; logo dun bo desprazamento en largo de Andrés, Casiano colle o esférico no carril do 8 pegado a banda dereita, deixa atrás ó lateral esquerdo do Cospeito, métese na área e solta un latigazo que entra a media altura pegado o poste esquerdo da portería do Cospeito.

O encontro continuou igual ata o descanso, cos dous equipos xogando un bo partido e con ocasións para os dous bandos, aínda que o Muimenta tería dúas ocasións bastante claras para ir con máis ventaxa ó descanso.

Nos primeiros minutos do segundo tempo o Muimenta controlou a posesión do esférico e gozou dalgúnha ocasión para poñer terra de por medio no marcador, aínda que non conseguiría marcar.

A falta de 15 minutos para o final do partido, o Cospeito meteu máis presión ó Muimenta conseguindo ter unha clara ocasión de gol; en primeira estancia Ízar despexa un balón a corner, e tralo saque dende o corruncho un xogador do Cospeito lanza a portería batindo a Ízar, pero Adrián, sobervio durante todo o partido, logrou parar cos pés e logo despexar o que supoñería o empate a uns.

Miguel Morán poñeríalle a guinda o partido co 2-0. Logo dunha contra maxistral do Muimenta, o balón acaba en M.Morán que se mete dentro da área pola parte esquerda da mesma, e cruza o esférico superando a Marcos e conseguindo o definitivo 2-0.

Xusto despois do gol de Miguel Morán, o colexiado do encontro señalaría o final do partido.


lunes, 8 de agosto de 2011

Primeiro adestramento desta nova pretemporada

Primeiro adestramento do Muimenta nesta nova pretemporada 2011-2012.


A sesión comenzou ás 20:30. O presidente do Muimenta, xunto con outros dous directivos, presentoulle á plantilla ó novo adestrador. Jesús (novo adestrador da S.D. Muimenta) tiña todo preparado, e cando o presidente rematou e lle concedeu o turno, deu unha pequena charla de presentación. Nos primeiros vinte minutos a plantilla exercitouse en rondos e fixeron os pertinentes exercicios de estiramento. Despois Jesús imprimiulle máis velocidade e intensidade os rondos, mentres ía chamando a xogadores para pesarse e facer un test de forma física.
Posteriormente o adestrador organizou un partidillo. Sobre o terreo de O Pichón víronse xogadores xa veteranos no equipo pero tamén novas caras. Eso sí, Jesús, pendiente de todo, non dudaba en parar o partidillo e dar indicacións se vía algo que non o satisfacía. O técnico prestou especial atención a que o xogo fose de moitos toques, e que os xogadores se movesen por todo o terreo de xogo.


Aínda que foi a primeira toma de contacto desta nova pretemporada, a sesión dispuxo dun bo ritmo que durou duas horas.

martes, 5 de abril de 2011

SD Pol 1 - 2 SD Muimenta

Dous goles de Yader dánlle ó equipo de 'pereira' os tres puntos; nun terreo de xogo en moi malas condicións.



O encontro disputado en Bretoña entre o Pol e o Muimenta, comezou cos dous equipos tanteando ó rival, case todo era xogo aéreo, debido entre outras cousas ó mal estado do terreo de xogo.

No min. 10 teríamos a primeira acción polémica do partido; xogada do Muimenta pola banda esquerda e logo dun centro a área, un xogador do Pol comete unha clara man que o colexiado non sinala. A xogada remataría con unha ocasión de Yader que Mario atallaría.

No min. 22 a ocasión desta vez sería para o Pol. Saque de esquina que cabecea un xogador do Pol e Izar moi atento saca unha man que salva ó Muimenta do 1-0; logo dunha serie de rexeites a xogada acaba cun disparo ó poste.

Os minutos ían transcurrindo e ámbolos dous equipos seguían practicando o mesmo xogo. Antes de rematar a primeira metade cabe destacar dúas accións.

No min. 30 outra clara man dentro da área do Pol que o colexiado dice non ver. E no min. 34 centro á área de Casiano dende a banda esquerda e Yader só ante Mario remata por encima do trabesaño.

Así chegaríamos ó descanso.

Trala reanudación o Muimenta sae dominando, e outra vez o colexiado mira para outro lado cando un xogador do Pol lle toca ó esférico ca man dentro da área. Xa van tres!

O Muimenta dominaba, e o gol pronto chegaría. Min. 7 do segundo tempo, Casiano métese dentro da área entre dous defensas e no man a man con Mario cédelle o balón a Yader para que éste marque a pracer o 0-1.

No Min. 20 o Pol empataría o encontro. Lamas métese dentro da área co esférico e no man a man con Ízar resolve con un disparo cruzando. era o 1-1.

5 minutos despois o Muimenta volvería a poñerse por diante no marcador. Min. 25 Cascudo lanza un libre directo moi forte dende a liña de 3/4 que Mario non consigue atallar, e Yader moi antendo ó rexeite do gardamallas marcaría o 1-2.


Os dous equipos gozarían de máis oportunidades pero o resultado final foi o 1-2 para o Muimenta.

lunes, 28 de marzo de 2011

A Xornada nº27

A xornada nº27 cerrouse cos seguintes encontros:

E aquí temos a clasificación:

O Muimenta levouse os tres puntos en O Pichón, pero o Alfoz tamén logrou vencer no seu encontro ante o Mondoñedo.

Tres puntos separan ó Muimenta do ascenso a primeira rexional á falta de tres xornadas.

sábado, 26 de marzo de 2011

SD Muimenta 4-1 SRC Sacido





Os goles de Cascudo, Miguel Morán, David e Casiano déronlle a victoria ó equipo chairego, que segue pelexando polo ascenso

Dende o día 20/02/2011 a S.D. Muimenta non gañaba un partido, unha derrota por 2-0 e tres empates consecutivos 1-1, mandaron ó equipo de Pereira á terceira praza. Pero de novo, cando máis falla tiña de gañar o Muimenta, apareceu O’Pichón, todo un talismán no que vai de temporada para o equipo chairego, pois non coñece a derrota.

As principais novidades no once foron a volta de Dani e Ruben, central e lateral esquerdo, respectivamente. O encontro comenzou con moito ritmo nos primeiros compases e o Muimenta avisaba do que máis tarde iva chegar, con un posible penalty por mans que o colexiado non chegou a pitar. Os visitantes responderon 1 minuto despois logo dunha boa xogada que rematou con un pase entre os dous centrais do Muimenta, pero Ízar moi atento conseguiría atrapar o esférico.

Cascudo e David alternaban ben para baixar a recibir entre líñas e Casiano e Moreno creaban moito perigro polas bandas á defensa do Sacido. Logo dunha boa xogada no medio do campo do Muimenta o balón chegaría á banda de Casiano este centra e un xogador do Sacido tócalle ó esférico ca man e esta vez o colexiado sinala penalty . Cascudo poñería o 1-0 no marcador tras transformar a pena máxima.

Logo do gol nos primeiros instantes do encontro, os xogadores do Muimenta conseguirían ter máis control do partido e practicaban un xogo moi colectivo. Casiano avisaba ó gardamallas do Sacido con centro chut que se estrelaría na trabe. Yader tamen tivo unha gran ocasión que non conseguir materializar, centro de Casiano dende a banda dereita e completamente solo no punto de penalty Yader mandaría o balón fora. O Muimenta perdoaba, e o Sacido nunha das poucas ocasións que tivo mandaría o balón ó fondo das mallas. Xogada dende o medio do campo, un balón raso en profundidade e o dianteiro do Sacido pica o esférico por riba de Ízar fancendo así inútil a saída de éste, pouco puido facer. Así chegaríamos ó descanso.

Trala reanudación, o Muimenta mostrou a súa mellor cara e puxo ó Sacido contra as cordas. O equipo da costa lucense íase quedar con un home menos, falta dun xogador do Sacido que facía pouco que entrara no encontro e o colexiado amósalle o cartón amarelo, despois dunha insistente protesta do xogador, o colexiado volvería a sacarlle cartón amarelo e polo conseguinte a expulsión.

Se o Muimenta tiña antes o control do partido, tras quedarse o Sacido con un home menos, a posesión do esférico sería moito maior para o equipo chairego. E os goles pronto chegarían.

O Muimenta logría o 2-1 logo dun saque de esquina que Miguel Morán remataría no segundo poste, pincando coa testa o esférico.

O 3-1 chegaría tamén dun saque de esquina minutos despois. Adrián peina hacia atrás o balón no primeiro poste e David remataría a gol con un fermoso remate de cabeza.

Pero o capitán da S.D. Muimenta firmaría a sentencia co 4-1, un auténtico golazo. Casiano recibe o balón na medular, avanza uns metros, levanta cabeza e mira á portería, ve ó gardamallas un pouco adiantado e non o dubida; solta un zurriagazo coa dereita dende a liña de tres cuartos e o balón logo de estrelarse no travesaño con moita forza peta no chan e entra.

O Muimenta tras conseguir estes tres puntos deitase segundo na clasificación á espera do que faga mañá o Alfoz.

jueves, 17 de marzo de 2011

A Xornada nº25

A xornada nº25 terminou cos seguindes resultados:


O Muimenta cae a terceira posición e conta con un punto menos co Alfoz.

SD Cervo 1 - 1 SD Muimenta

O Muimenta non logra pasar dun 1-1 ante o Cervo lonxe de O Pichón. Os xogadores de Pereira non ofreceron a suficiente intensidade nun encontro clave para poder ascender a primeira rexional e por conseguinte o Alfoz, tras gañar o seu partido ó Rioaveso, colócase nesa segunda praza que o Muimenta tiña no seu poder.

O encontro entre o Cervo e Muimenta non ten moito que contar, creo que se pode resumir en que o Muimenta gozou de suficientes oportunidades como para ir gañando ó descanso por 3 goles a cero, pero aínda así logrou ir gañando 0-1.


Á volta do descanso vivíuse un partido igual que na primeira metade, o Muimenta crea ocasións pero non materializa. Pero no min. 72 o Cervo ía poñer o empate no marcador; Ataque do Muimenta, perde o balón na frontal, un xogador do Cervo despexa cun forte patadón e outro xogador do Cervo en posición antirreglamentaria por 3 metros lograría marcar o 1-1. Pese as protestas dos xogadores do Muimenta o colexiado daría por bon ese tanto.

Así o Muimenta desprázase á terceira posición, e agora só pode gañar todos os encontros e esperar que o Alfoz non gañe para poder cologarse en postos de ascenso de novo.

jueves, 10 de marzo de 2011

A Xornada nº25

A xornada nº25 presentase con dous partidos claves.

O Muimenta enfréntase co Cervo lonxe do O Pichón e pola contra o Alfoz xoga na casa. Aínda que que se lle botamos unha ollada a clasificación, vemos que o SD Cervo vai na 7 posición con 36 puntos.

Sen embargo, o Alfoz (terceiro clasificado) xoga contra o Rioaveso (cuarto clasificado). Un xornada que con un pouco de fortuna o Muimenta podía gañar algo máis de distancia co Alfoz.

miércoles, 9 de marzo de 2011

A Xornada nº24

A xornada nº 24 deixou os seguintes resultados:



E aquí temos a clasificación... O Muimenta tan só ten 1 punto máis que o terceiro clasificado aínda que en caso de empate conta co gol average.












SD Muimenta 1 - 1 SDC Xermade

O Muimenta e o Xermade (Segundo e primeiro clasificado, respectivamente) empataron 1-1 en O Pichon o pasado fin de semana.

O Muimenta queria gañar o encontro como fose para así poder manter certa distancia co terceiro clasificado, o Alfoz que viña de empatar. E o Xermade pola contra tamen buscaba unha victoria que lle dese o ascenso matematicamente para 1º rexional.

Un partido moi entretido tanto no campo como nas gradas... Ambas aficións cantaban e animaban con diferentes berros o seu equipo.


As oportunidades de gol íanse turnando e o gol podía caer para calquera lado; así nos primeiros 20 minutos de encontro xa lucía no marcador o 1-1. A partir do empate do Xermade, éstes dominaron máis a posesión do esférico e no medio do campo movian o balón con gran soltura e calidade, demostrando así o porque van líderes. Pero no segundo tempo o Muimenta reaxustouse e aínda que o Xermade seguía na mesma liña, os xogadores de 'Pereira' causaron máis perigro e aumentaron a posesión do balón. Puido haber máis goles, pero en varias ocasións ámbolos dous porteiros lucironse.

Ó final do encontro reparto de puntos que deixa as cousas como estaban na parte superior da táboa.

martes, 22 de febrero de 2011

SD Muimenta 4 - 2 SD Guitiriz




O Muimenta volveu a gañar en O'Pichón, esta vez por casta e corazón, unha vez máis vivíuse en Muimenta unha desas remontadas que a S.D. Muimenta fai cando todo está en contra, cando xa naide ten esperanzas de que se gañe... con 0-2 no marcador e con un home menos no terreo de xogo o Muimenta ía acabar con 4-2 ó final.

Unha primeira metade para esquecer... sobre todo para o gardamallas do Muimenta... Ízar sorprendeunos con unha cantada logo dun saque de falta directo... non nos ten acostumados a estas cousas, por eso mesmo todos animamos a Ízar e lle demos folgos ó final da primeira metade, logo na segunda metade estubo soberbio.

No descanso un aficionado do Muimenta, Ivan Pena, pronosticou que o Muimenta ía gañar cando Danilo entrase como revulsivo no encontro... e non lle faltou razón. Danilo non marcou pero si deu un pase de gol, aínda que minutos despois de entrar no terreo de xogo, lamentablemente sería sustituido por volver a lesionarse no tornocelo.


Para min houbo un claro revulsivo, Miguel Morán, marcou un tanto e pola súa banda chegaron o 3-2 e o 4-2.

Unha tarde oscura e fría que o longo do encontro os xogadores do Muimenta irian animando.

lunes, 7 de febrero de 2011

SD Muimenta 2 - 0 CD Cospeito




O Muimenta venceu ó Cospeito por 2 goles a 0, un derby condicionado por un O'Pichón, que aínda que soe repetitivo, non ve perder o seu equipo no que vai de temporada.

O Partido arrancou cos dous equipos con ideas moi claras, ambos buscaban o gol como fose. A diferencia de puntos na clasificación non era un factor a ter en conta neste encontro, dado que a maxia que teñen os derby entre estes dous equipos, fan que non nos acordemos doutra cousa nada máis que do encontro que se está a disputar.

O Muimenta arrancou nos primeiros intres coa posesión do esférico e buscando a portería do cospeito. A partir dos primeiros 15 minutos o Cospeito íase meter no encontro facéndolle un "Tu a Tu" ó Muimenta.

Á falta de 10 minutos para o final da primeira metade, o Muimenta íase adiantar no marcador por obra de Ambi. Un balón colgado á área dende a banda esquerda supera a saída de José Antonio, gardamallas do Cospeito, e Ambi chegando dende atrás, marcaría coa testa o 1-0.

Así chegaríase ó descanso, donde o Cospeito non merecía ir perdendo.

No segundo tempo vivimos un partido máis aberto, no cal o gol podía caer en calquera momento para ambos lados. Pero de novo, a piques de rematar o encontro o Muimenta ía firmar a sentencia por obra de Miguel Morán. Un centro raso dende a banda esquerda de Casiano, supera no primeiro poste a dous defensas do Cospeito e a José, deixando así libre de marcaxe a Miguel Morán para que marcara a placer o 2-0.

Así tras 90 minutos de xogo moi intenso o Muimenta venceu por 2-0 ó Cospeito.

ALINEACIÓNS

MUIMENTA: Izar; Óscar, Adrián, José, Benja; Casi, David, Cascudo (Dani, no 2º tempo), M. Morán; Ambi (Moreno, no 2º tempo) e Danilo (Garboso, no 2º tempo).

COSPEITO: José Antonio; Diego, Miguel, Pablo, Seijo; Puti, Javi, Santalla, Guillermo; Congui e Martín. No segundo tempo entraron: Senén e Sergio.

GOLES: Ambi e M. Morán

Árbitro: Marqués Espiñeira (Delegación de Lugo)

Incidencias: Partido celebrado no campo de O'Pichón onde se rexistrou unha moi boa entrada, nunha tarde soleada.

martes, 1 de febrero de 2011

Entrevista a Javi Morán, dianteiro centro da S.D. Muimenta


1) Qué cambios futbolísticos tiveches desde o día do debut ata agora?

Xogo mais tranquilo que antes


2) Faime unha síntese do presente do equipo e das túas espectativas como xogador dentro dese plan.

Eu penso que este ano hai un bon equipo, habendo unha mestura moi boa de xente nova e veterana, e penso que este ano podemos quedar bastante ben , e as miñas expectativas son chegar a xogar un pouco mais de tempo


3) Quen son os teus idolos futbolisticos?

Valerón, Fran , Mauro Silva


4) Cal é o gol que recordas con máis cariño que marcaras?

O primeiro gol, ainda que non foi unha maravilla


5) Cales son as túas afecións no tempo libre?

Baloncesto, tenis,..


6) Quen é o mellor xogador co que xogaches?

Hai moitos , Iñaki, Guillermo , Sandamil , David ,...


7) Cres que contas coas suficientes oportunidades?

Podería contar con máis


8) Porque cres que O'Pichón te anima tanto cando saltas ó terreo de xogo?

Porque hai 2 ou 3 na grada que empezan a berrar, e o resto sigueos


9) Cres que Pereira ten confianza en ti como dianteiro promesa?

Non creo, se cadra me equivoco, pero dame a min que non


10) Quen foi a persoa que máis che axudou para mellorar día a día?

Os compañeiros nos adestramentos e meu pai que me da algun consello


11) Cal é a túa maior virtude como dianteiro?

Por dicir algunha, que cubro máis ou menos ben o balón


12) Cres que pereira é un adestrador ofensivo ou defensivo?

Ofensivo , aínda que as veces amarra un pouco cando non ten que amarrar


13) Como ves a dianteira do Muimenta este ano?

Vexoa ben, e cando xogue eu titular aínda a hei ver mellor


14) Que lle pides a este 2011?

En canto ó futbol , xogar máis minutos e no resto seguir mais ou menos igual

Pois nada máis, tan só desexarche que teñas máis oportunidades de seguir demostrando todo o que vales na dianteira do Muimenta. Un saúdo e AUPA MUIMENTA.

Xornada 19 e Xornada 20

A xornada número 19 foi boa para o Muimenta, conseguíu traerse un punto de Alfoz e así seguir con catro puntos de vantaxa con respecto ó terceiro clasificado e tamén foi boa por outra banda; o lider perdeu o seu primeiro encontro no que vai de temporada, nada máis e nada menos que contra o cospeito. Precisamente contra o cospeito xogará o Muimenta o vindeiro Sábado, un derbi que terá lugar en O Pichón.

Resultados da xornada nº 19



Clasificación


A Xornada nº20




lunes, 31 de enero de 2011

CD Alfoz 2 - 2 SD Muimenta




Partidazo o visto no campo do Alfoz o pasado Domingo. É moi dificil poder explicar detalladamente o que se vivíu en Alfoz. Xogaban o terceiro e o segundo clasificado na liga, o Alfoz (terceiro) buscaba gañar o encontro como fose no seu propio campo diante os seus aficionados, podendo así achegarse ó Muimenta para loitar por un dos dous postos de ascenso a primeira rexional. E o Muimenta (segundo) buscaba levarse algún punto dun campo moi complicado, ante un rival directo, e así poder seguir gozando de certa ventaxa na clasificación.

Con este pronóstico o partido arrancou con ámbolos dous equipos lanzados a querer levar o peso do partido, o que fixo que se vivira, como xa dixen, un partido moi interesante. Os primeiros oito minutos o Alfoz tiña a posesión do esférico e conseguíu que o Muimenta non lograse saír do seu propio campo, pero o Muimenta non se arrugou e logrou asentarse no campo e así facerse co esférico. As primeiras ocasións do encontro serían para o Muimenta, onde Danilo, non acertou a marcar. Pero o primeiro gol dos catro que se viron en Alfoz chegaría para o equipo local. José agarra a un xogador do Alfoz na área e o colexiado sinala penalty. 1-0 para o Alfoz. Pero o Muimenta non se veu abaixo e seguíu facendo un partidazo en toas as liñas, e así chegou o 1-1 por obra de Danilo, éste controla un balón dentro da área, dese a volta e coa esquerda golpea forte batindo ó gardamallas do Alfoz.

Así chegaríase ó descanso.

Xa no segundo tempo o partido foi un espello do primeiro tempo. Saída do Alfoz co balón e o Muimenta un pouco atrás, un fallo na defensa que deixan que un xogador do Alfoz entre na área e dea un pase da morte ó frontal, onde apareceu un compañeiro e con un disparo raso e seco bate a Izar, 2-1, de novo o Muimenta por detrás do marcador. O Muimenta volvería a meterse no encontro xogando de novo moi ben, así a falta de 15 minutos para o final, Oscar marcaría o 2-2 definitivo.

Un resultado, para o meu parecer, xusto. Os dous equipos merecían a gañar.

Os xogadores do Muimenta fixeron todos, pero todos, un partidazo. Pero vanme permitir que publique un nome propio. Non quero entrar en detalles porque se non, tería que ir un por un, porque repito que todos sobresaíronse.
Pero houbo un xogador que me deixou fascinado, un xogador que leva xa varios partidos xogando como calquera profesional na súa parcela, un xogador que cada partido, cada minuto, cada acción merece un aplauso, e así, canda vez que toca o esférico, a afición do Muimenta (incluome) ponse de pé e aplauden para felicitalo. Ese xogador é ADRIÁN, un central xuvenil coas dotes dun central veterano. Marcaxe ó home, pefecta. Atento a calquera balón que chega á zaga do Muimenta. Cubríndolle as costas os compañeiros. Anticipando os dianteiros do Alfoz unha e outra vez e sancado o esférico sempre con sentido e coherencia.

Así, o Muimenta sege segundo, sege nos postos de ascenso con catro puntos de vantaxa co Alfoz.

martes, 25 de enero de 2011

Video da saída do Muimenta ó terreo de xogo en O Pichón



Xornada 18 e Xornada 19

Aquí podedes ver un resumo do que deixou a xornada 18:

Clasificación xeral:


Resultados da xornada 18:


Resumo dos partidos do Muimenta:


A xornada 19 terá estes encontros:


Unha xornada moi especial para o Muimenta, que viaxa a Alfoz; de gañar en Alfoz poríase a 7 puntos do terceiro clasificado, rival directo para ascenso a primeira rexional, pero pola contra de perder poríanse a tan só 1 punto.

Un encontro que vai ser moi duro para ambos equipos e que gañará o que máis ganas lle poña.

lunes, 24 de enero de 2011

SD Muimenta 2 - 0 Mondoñedo


O Partido entre a S.D. Muimenta e o Mondoñedo rematou co resultado final de 2-0 a favor do Muimenta. O'Pichón segue sen ceder, segue na mesma liña que no 2010, sen deixar perder ó Muimenta.

O encontro tivo un só dono, o Muimenta dominaba a posesión do esférico e só en contra golpes ou perdidas do esférico por erros puntuais do Muimenta podían facer que o Mondoñedo se achegara á portería defendida por Ízar. O 1 a 0 chegaría logo dunha boa xogada pola banda dereita que remata con un centro moi aberto á área, onde Miguel Morán, dende unha esquina da frontal e tirándose polo aire cos pés por diante, remata de volea ó segundo poste, un golazo no que o porteiro do Mondoñedo nada puido facer. Ó igual que nada puido facer no segundo tanto, outro golazo, esta vez obra de Óscar Ben xa na segunda metade do encontro, vaise pola banda dereita, e golpea un centro-chut que deixa seco ó porteiro do Mondoñedo, logrando así que o balón entrara pola escadra do segundo poste.

O Muimenta puido facer máis goles se a dianteira do Muimenta estivera máis fina de cara ó gol.

Pero tamén cabe destacar a gran actuación que tivo a zaga do Muimenta, prácticamente impecable durante todo o encontro, Oscar soberbio tanto en ataque como en defensa é máis marcou o 2-0, Adrián unha lapa na marcaxe, Benja despexando, cortando ataques, subindo a banda, todo o partido moi activo... e quédanos alguén? Ah! pois sí, un tal José que puxo nome propio á zaga, moi rápido nas coberturas, gañando todos os balóns aéreos que chegaban á frontal, gañando unha e outra vez os un contra un e dándolle criterio á hora de sacar o balón xogado dende atrás.

Con todo o Muimenta deulle calor os aficionados que foron ver o partido a O'Pichón nunha tarde moi fría.

Esta xornada tamén lle deu certa moral e tranquilidade ó Muimenta, logo de perder 2-1 en Barreiros a semana pasada e poñerse o Alfoz a tan só un punto; nesta xornada o Muimenta volve a poñer catro puntos de por medio ó Alfoz que perdeu por 2 a 0 ante o Xermade.

Unha moi boa noticia para o Muimenta dando que a vindeira xornada tócalle ir xogar contra o Alfoz en campo alleo.

martes, 18 de enero de 2011

Xornada 17 e Xornada 18


Xornada 17

A xornada 17 rematou cos seguintes resultados:


E así quedou a clasificación despois dos encontros:


Xornada 18

A vindeira xornada contará cos seguintes encontros:

O Muimenta tras caer esta xornada pasada no campo do Celta Barreiros (2-1), tócalle levantar cabeza, pasar páxina, e seguir na mesma liña que até agora, onde O'Pichón non sabe o que é ver perder ó Muimenta.

Ademais é unha xornada moi interesante, o Muimenta recibe ó Mondoñedo que ven de caer por (0-6) na casa ante o líder. E os dous rivais directos do Muimenta enfréntanse entre eles, Xermade e Alfoz. Gañando o Muimenta pode volver a retomar certa distancia co terceiro clasificado se éste non consegue gañar ó Xermade na casa.
E por outra banda, cabe citar que na xornada número 19 o Muimenta terá que ir xogar contra o Alfoz, segundo e terceiro clasificado, así que tanto esta xornada como a vindeira xornada, serán máis especiais, se cabe, que as outras.

lunes, 17 de enero de 2011

Celta Barreiros 2 - 1 SD Muimenta

O Partido entre o Celta Barreiros e o Muimenta solventouse con un 2-1 a favor do Celta Barreiros. Un partido que o Muimenta empezou a gañar grazas ó gol que marcou Cascudo despois de transformar un penalty sobre Casiano. Pero o domingo pasado a sorte non estaba a favor do cadro que dirixe "Pereira". A primeira media hora de encontro estaba disputada pero o dominio era do Muimenta, a falta de 15 minutos para o final da primeira metade o Celta Barreiros ía empatar o encontro, centro á área do Barreiros rechaza o balón Benja coa testa pero o esférico caille nas botas a un xogador do Barreiros que dende a frontal golpea con forza, raso ó segundo poste, facendo inútil a estirada de Ízar, pouco puido facer.

Con ese resultado en táboas íase chegar ó descanso donde os xogadores do Muimenta xa estaban comezando a sospeitar da máis que dudosa actuación do colexiado do encontro.

Xa no segundo tempo o Celta Barreiros ía remontar o partido, e fíxense de que maneira, Oscar róuballe o esférico a un rival, cédello a Garboso dentro da propia área, éste golpea con forza para despexar, con tan mala sorte que o balón peta nas costas dun xogador do Barreiros e entra na portería defendida por Ízar.

Pero a mala sorte do equipo chairego non se ía quedar só nestas anécdotas. Pereira mira para o banco de suprentes e vé tan só un cambio, Hugo Saavedra, o cal entraría no terreo de xogo en sustitución de Garboso, é dicir, o Muimenta estaba ese preciso partido baixo mínimos. Pero seguimos coa mala sorte, Kike Parga, o porteiro que estaba suprente, sufriría un esguince no tornocelo do pé dereito cando estaba a facer exercicios de quecemento no descanso. Logo do inxusto dous a un, viría a tolemia do encontro, os xogadores do Muimenta non daban crédito do que estaban a sufrir, o colexiado deixaba pasar por alto unha e outra vez as faltas que cometía o Barreiros, fosen donde fosen, e se as sinalaba non amonestaba ó xogador do Barreiros. Unha e outra vez o adestrador do Barreiros pidía un fora de xogo, unha falta ou que se amoestara a un xogador do Muimenta, e como se fose un xuez de liña o árbitro inmediatamente sinalaría a petición do adestrador do Barreiros. As protestas dos xogadores do Barreiros eran escoitadas e respetadas polo colexiado, mentras que se un xogador do Muimenta pedía explicacións rápidamente era silenciado polo colexiado. Ata dous penaltys puido chegar a pitar no segundo tempo, e cantidade de foras de xogo que non eran, e así un longo etcétera.

Para rematar a faena o colexiado expulsou a Casiano e a David. A Casiano según a apta do encontro por agresión, preguntarémoslle ó colexiado donde foi esa agresión. E a David como non, dobre amarilla por protestar...

Entre unhas cousas e outras o Muimenta non puido facer nada máis que resignarse. Pero se de algo goza este equipo é de forza de espíritu, o último berro que se escoitou no vestiario do Muimenta foi este: un, dous, tres, MUIMENTA!

Agora só queda pasar páxina, olvidarse dese nefasto día, e centrarse no vindeiro encontro, onde o Muimenta enfrentaráse ó Mondoñedo en O'Pichón.

E recordarvos que aínda que o Muimenta se deixara os tres puntos en Barreiros e que o Alfoz gañara o seu encontro; o Muimenta segue segundo con un punto de ventaxa.

jueves, 13 de enero de 2011

Entrevista a Ízar Sinde González, porteiro da S.D. Muimenta



1) Canto tempo lle adicas ó fútbol á semana?

Pois 4 horas de adestramento e os partidos.

2) Cando e como decidiches ser porteiro?

Hai uns... 4 anos, cando empecei a adestrar co Muimenta.

3) Cales son as túas aspiracións no futuro como porteiro?

Simplemente mellorar día a día.

4) Cal cres que é a posición que mellor ten cuberta ó Muimenta?

Eu creo que a posción de medio centro é a mellor cuberta, tanto en teoricos titulares como en suplentes.

5) Ves ó Muimenta ascendendo a 1º rexional este ano?

É cedo para dicir iso, pero espero que si, estaría moi ben.

6) Cantas temporadas levas no equipo e cal foi a mellor até agora?

Levo 3, e a mellor de todas esta, sin dúbida.

7) A túa peor decepción sendo porteiro?

Mmm... buff... non sei, hai varias, supoño que o partido do ano pasado co Cabreiros, onde xa se sentenciaba o noso descenso.

8) E a túa maior alegría?

Polo momento o meu debut.

9) Pensas que contas co total apoio da afición do Muimenta, pese a ser tan xoven e ser porteiro titular?

Eu penso que si, ademais non só conmigo, a afición esta co equipo.

10) Quen foi a persoa que máis che axudou para mellorar día a día?

Sobre todo, no día a día, os compañeiros nos adestramentos, pero tamén me axudaron moito en algúns adestramentos individuais nas pretemporadas, Luis Sandamil, Saavedra, Pereira...



11) Cal é a túa maior virtude como porteiro?

A paciencia e os tiros desde fora (se estou atento) jajajajajaja ;)

12) E a peor?

mm... algunhas saídas nos corners supoño.

13) Cres que pereira é un adestrador ofensivo ou defensivo?

Ofensivo, co equipo que ten como para non selo! jejeje

14) Como ves a defensa do Muimenta este ano?

Moi segura, a verdade é que estou moi contento ca defensa.

15) Que xogador profesional admiras e porque?

David De Gea, (Apesar da cantada do outro dia). Admiro como ca sua xuventude, se fixo un hoco nun equipazo como o Atletico a base de paradóns e salvar partidos...

16)Pois nada máis, tan só desexarche que teñas moita sorte no presente e no futuro tanto como porteiro como na túa vida persoal. Un saúdo e AUPA MUIMENTA.

Pois que é un orgullo xogar nun equipo como este, no que ademais do futbol tampouco faltan as festas e que ademais de excelentes xogadores, detras tamén hai excelentes persoas. AUPA MUIMENTA!