jueves, 17 de marzo de 2011

SD Cervo 1 - 1 SD Muimenta

O Muimenta non logra pasar dun 1-1 ante o Cervo lonxe de O Pichón. Os xogadores de Pereira non ofreceron a suficiente intensidade nun encontro clave para poder ascender a primeira rexional e por conseguinte o Alfoz, tras gañar o seu partido ó Rioaveso, colócase nesa segunda praza que o Muimenta tiña no seu poder.

O encontro entre o Cervo e Muimenta non ten moito que contar, creo que se pode resumir en que o Muimenta gozou de suficientes oportunidades como para ir gañando ó descanso por 3 goles a cero, pero aínda así logrou ir gañando 0-1.


Á volta do descanso vivíuse un partido igual que na primeira metade, o Muimenta crea ocasións pero non materializa. Pero no min. 72 o Cervo ía poñer o empate no marcador; Ataque do Muimenta, perde o balón na frontal, un xogador do Cervo despexa cun forte patadón e outro xogador do Cervo en posición antirreglamentaria por 3 metros lograría marcar o 1-1. Pese as protestas dos xogadores do Muimenta o colexiado daría por bon ese tanto.

Así o Muimenta desprázase á terceira posición, e agora só pode gañar todos os encontros e esperar que o Alfoz non gañe para poder cologarse en postos de ascenso de novo.

1 comentario:

  1. Veñaa!! hai que animarse!!
    Non foi o noso mellor partido pero tampouco foi tan malo, só qeudan 5 partidos e hai que facer todo o posible por gañalos!

    Aupaa Muimentaaaaaaaaaaaaa

    ResponderEliminar