O encontro entre o Cervo e Muimenta non ten moito que contar, creo que se pode resumir en que o Muimenta gozou de suficientes oportunidades como para ir gañando ó descanso por 3 goles a cero, pero aínda así logrou ir gañando 0-1.
Á volta do descanso vivíuse un partido igual que na primeira metade, o Muimenta crea ocasións pero non materializa. Pero no min. 72 o Cervo ía poñer o empate no marcador; Ataque do Muimenta, perde o balón na frontal, un xogador do Cervo despexa cun forte patadón e outro xogador do Cervo en posición antirreglamentaria por 3 metros lograría marcar o 1-1. Pese as protestas dos xogadores do Muimenta o colexiado daría por bon ese tanto.
Así o Muimenta desprázase á terceira posición, e agora só pode gañar todos os encontros e esperar que o Alfoz non gañe para poder cologarse en postos de ascenso de novo.
Veñaa!! hai que animarse!!
ResponderEliminarNon foi o noso mellor partido pero tampouco foi tan malo, só qeudan 5 partidos e hai que facer todo o posible por gañalos!
Aupaa Muimentaaaaaaaaaaaaa