O encontro comezou con moi bo ritmo e cos dous equipos tentando dominar a posesión. Ningún dos dous equipos quería xogar o patadón, e cada vez que o gardamallas de ámbolos dous equipos sacaba de portería, sempre o facía en corto cos centrais.
No min. 20 Casiano, (nombrado mellor xogador do partido) marcaría o 1-0 para o Muimenta; logo dun bo desprazamento en largo de Andrés, Casiano colle o esférico no carril do 8 pegado a banda dereita, deixa atrás ó lateral esquerdo do Cospeito, métese na área e solta un latigazo que entra a media altura pegado o poste esquerdo da portería do Cospeito.
Nos primeiros minutos do segundo tempo o Muimenta controlou a posesión do esférico e gozou dalgúnha ocasión para poñer terra de por medio no marcador, aínda que non conseguiría marcar.
A falta de 15 minutos para o final do partido, o Cospeito meteu máis presión ó Muimenta conseguindo ter unha clara ocasión de gol; en primeira estancia Ízar despexa un balón a corner, e tralo saque dende o corruncho un xogador do Cospeito lanza a portería batindo a Ízar, pero Adrián, sobervio durante todo o partido, logrou parar cos pés e logo despexar o que supoñería o empate a uns.
Miguel Morán poñeríalle a guinda o partido co 2-0. Logo dunha contra maxistral do Muimenta, o balón acaba en M.Morán que se mete dentro da área pola parte esquerda da mesma, e cruza o esférico superando a Marcos e conseguindo o definitivo 2-0.
No hay comentarios:
Publicar un comentario