lunes, 7 de febrero de 2011

SD Muimenta 2 - 0 CD Cospeito




O Muimenta venceu ó Cospeito por 2 goles a 0, un derby condicionado por un O'Pichón, que aínda que soe repetitivo, non ve perder o seu equipo no que vai de temporada.

O Partido arrancou cos dous equipos con ideas moi claras, ambos buscaban o gol como fose. A diferencia de puntos na clasificación non era un factor a ter en conta neste encontro, dado que a maxia que teñen os derby entre estes dous equipos, fan que non nos acordemos doutra cousa nada máis que do encontro que se está a disputar.

O Muimenta arrancou nos primeiros intres coa posesión do esférico e buscando a portería do cospeito. A partir dos primeiros 15 minutos o Cospeito íase meter no encontro facéndolle un "Tu a Tu" ó Muimenta.

Á falta de 10 minutos para o final da primeira metade, o Muimenta íase adiantar no marcador por obra de Ambi. Un balón colgado á área dende a banda esquerda supera a saída de José Antonio, gardamallas do Cospeito, e Ambi chegando dende atrás, marcaría coa testa o 1-0.

Así chegaríase ó descanso, donde o Cospeito non merecía ir perdendo.

No segundo tempo vivimos un partido máis aberto, no cal o gol podía caer en calquera momento para ambos lados. Pero de novo, a piques de rematar o encontro o Muimenta ía firmar a sentencia por obra de Miguel Morán. Un centro raso dende a banda esquerda de Casiano, supera no primeiro poste a dous defensas do Cospeito e a José, deixando así libre de marcaxe a Miguel Morán para que marcara a placer o 2-0.

Así tras 90 minutos de xogo moi intenso o Muimenta venceu por 2-0 ó Cospeito.

ALINEACIÓNS

MUIMENTA: Izar; Óscar, Adrián, José, Benja; Casi, David, Cascudo (Dani, no 2º tempo), M. Morán; Ambi (Moreno, no 2º tempo) e Danilo (Garboso, no 2º tempo).

COSPEITO: José Antonio; Diego, Miguel, Pablo, Seijo; Puti, Javi, Santalla, Guillermo; Congui e Martín. No segundo tempo entraron: Senén e Sergio.

GOLES: Ambi e M. Morán

Árbitro: Marqués Espiñeira (Delegación de Lugo)

Incidencias: Partido celebrado no campo de O'Pichón onde se rexistrou unha moi boa entrada, nunha tarde soleada.

3 comentarios:

  1. Moi ben vigo!!
    pero unha cousa, eu nn estaba no campo cando marcou miguel, jaja. O que se abriu de pernas foi josée!

    ResponderEliminar