Bonxe 1 - 3 S.D. Muimenta

O Partido entre o Bonxe e a S.D. Muimenta solbentouse con un 1-3 a favor do cadro que dirixe Nito Eiras (Pereira).Todos os goles celebráronse na segunda parte do encontro. Na primeira parte o Bonxe xogou mellor que a S.D. Muimenta, e tivo varias oportunidades de adiantarse no marcador, pero a gran actuación de Izar Sinde, gardamallas da S.D. Muimenta, logrou aguantar o resultado até o descanso, no cal despois dunha boa charla técnica de “Pereira” conseguíu despertar os seus xogadores para que firmaran unha boa segunda parte con ocasións e goles.
O 0-1 chegou por obra de Ambi logo dunha boa xogada. O 0-2 chegaría despois de un rechace da zaga do Bonxe que Dani Eiras remataría con un bo golpeo sen parar o esférico dende o frontal da área, cabe resaltar que Dani Eiras acababa de saltar o terreo de xogo momentos atrás, ó igual que o seu compañeiro Javi Morán, del foi o 0-3, despois de aguantar o balón rodeado por tres rivais, fixo un formoso regate, deixou sentados os tres defensas e diante do porteiro non lle temblaron as pernas e pegoulle ó esférico un duro golpeo que se colou entre o porteiro e o primeiro poste. O primeiro e único tanto do Bonxe subiría o marcador a piques de rematar o encontro, cando a S.D. Muimenta xa baixara o nivel de xogo. Outro partido máis gañado e outros tres puntos que se suman o equipo de O’Pichón.
Gustancheme máis estes resumos que os do progreso!!!!
ResponderEliminarboa cronica vigo!
ResponderEliminar