lunes, 20 de diciembre de 2010

SD Muimenta 4 - 2 SDC. Roupar


O Partido entre a S.D. Muimenta e o SDC. Roupar solventouse con un 4-2 a favor do cadro que dirixe Nito Eiras (Pereira). O'Pichón puido disfrutar dunha primeira parte, donde o Muimenta mereceu marcar máis goles e deixar o partido sentenciado ó descanso. Os xogadores do Muimenta tocaron o esférico en todas as percelas do campo con gran soltura e claridade, os dous interiores, Casiano e Moreno facían destrozos na zaga do Roupar cada vez que tiñan a oportunidade... Primeiro yader e minutos despois David farían o 2-0 co que se chegaría ó descanso, donde a relaxación do Muimenta e o despertar do Roupar lograron empatar o encontro. Primeiro, un saque de porta en longo de Diego que se o traga a zaga do Muimenta, habilitan a que Iago se plante nun man a man con Izar e puidese facer o 2-1. Instantes despois, unha man na area do Muimenta sería castigada con penalty que se encargou de transformalo Iago.

Sen case darse de conta do que acontecía, o Muimenta víuse ferido por culpa desa relaxación e viron que un partido que o tiñan gañado acababano de empatar. Pereira rápidamente poría a quentar os suplentes para darlles entrada no encontro, primeiro faríano Dani e Miguel Morán, con eles xa no terreo de xogo o Muimenta volveríase a adiantar no marcador por medio de Óscar, tras lanzar de forma maxistral un saque de falta que superou á barreira e o que Diego non chegou a atallar. Con 3-2 no marcador e co partido roto entrarían no terreo de xogo Danilo e Rubén. O 4-2 final chegaría case o final do partido por obra de Casiano, tras recibir un balón en longo de Dani, donde casiano despois de recorer uns cantos metros co balón controlado, deixando atrás á defensa do Roupar, encarou a Diego, regateouno e a porta baleira marcou o cuarto gol do Muimenta, cando o Roupar xa estaba volcado en ataque con dous homes menos no terreo de xogo.


Alineacións:

S.D. Muimenta: Izar; Oscar, Adrian, Garboso, Benja; Moreno, David, Fontao, Casiano; Ambi e Yader. Tamén xogaron: Dani, Ruben, Danilo e Miguel Morán.

SDC. Roupar: Diego; Cundi, Alberto, Cabanela, Marcos; Luis, Couso, Iago, Abajo, Acción; Julio. Tamén xogaron: Ambi e Andrés.

Goles: Para o Muimenta marcaron; Yader, David, Oscar e Casiano. Para o SDC. Roupar marcou: Iago (2).

Observacións:

Partido disputado en O'Pichón con unha entrada frouxa de xente.


4 comentarios:

  1. Gran cronica Vigo, vamos a navidades en Ascenso! Arriba Muimentaa!!!

    ResponderEliminar
  2. Con cronicas coma esta, algunha dia chegarás a facer os resumos da Galega , grande Vigo

    ResponderEliminar
  3. vigooooo pareces Timiraos carallo, jajajaj.. polo menos comemos o turron en postos de ascenso k é o importante

    ResponderEliminar