O Partido entre a S.D. Muimenta e o Mondoñedo rematou co resultado final de 2-0 a favor do Muimenta. O'Pichón segue sen ceder, segue na mesma liña que no 2010, sen deixar perder ó Muimenta.
O encontro tivo un só dono, o Muimenta dominaba a posesión do esférico e só en contra golpes ou perdidas do esférico por erros puntuais do Muimenta podían facer que o Mondoñedo se achegara á portería defendida por Ízar. O 1 a 0 chegaría logo dunha boa xogada pola banda dereita que remata con un centro moi aberto á área, onde Miguel Morán, dende unha esquina da frontal e tirándose polo aire cos pés por diante, remata de volea ó segundo poste, un golazo no que o porteiro do Mondoñedo nada puido facer. Ó igual que nada puido facer no segundo tanto, outro golazo, esta vez obra de Óscar Ben xa na segunda metade do encontro, vaise pola banda dereita, e golpea un centro-chut que deixa seco ó porteiro do Mondoñedo, logrando así que o balón entrara pola escadra do segundo poste.
O Muimenta puido facer máis goles se a dianteira do Muimenta estivera máis fina de cara ó gol.
Pero tamén cabe destacar a gran actuación que tivo a zaga do Muimenta, prácticamente impecable durante todo o encontro, Oscar soberbio tanto en ataque como en defensa é máis marcou o 2-0, Adrián unha lapa na marcaxe, Benja despexando, cortando ataques, subindo a banda, todo o partido moi activo... e quédanos alguén? Ah! pois sí, un tal José que puxo nome propio á zaga, moi rápido nas coberturas, gañando todos os balóns aéreos que chegaban á frontal, gañando unha e outra vez os un contra un e dándolle criterio á hora de sacar o balón xogado dende atrás.
Con todo o Muimenta deulle calor os aficionados que foron ver o partido a O'Pichón nunha tarde moi fría.
Esta xornada tamén lle deu certa moral e tranquilidade ó Muimenta, logo de perder 2-1 en Barreiros a semana pasada e poñerse o Alfoz a tan só un punto; nesta xornada o Muimenta volve a poñer catro puntos de por medio ó Alfoz que perdeu por 2 a 0 ante o Xermade.
Unha moi boa noticia para o Muimenta dando que a vindeira xornada tócalle ir xogar contra o Alfoz en campo alleo.
"tirandose polo aire cos pés por diante"jajaja!gran crónica Vigo..e bueno o gol de Oscar, está claro que era un tiro!verda Oscar?¿xD
ResponderEliminarBoa cronica! como de costume! Para semana hai que gañar como seña!! Arriba Muimentaa
ResponderEliminar