
O Partido entre a S.D. Muimenta e o S.D. Rioaveso solventouse con un 3-1 a favor do cadro que dirixe Nito Eiras (Pereira). O'Pichón puido disfrutar do primeiro encontro celebrado neste 2011 con victoria do Muimenta. O partido non gozou de moita claridade por culpa das condicións climatolóxicas, que conseguiron que o campo estivera mal, con moitas pozas de auga, onde o balón se paraba cada dous por tres. Aínda así, os goles foron chegando; primeiro Cascudo de penalty faría o 1-0 e minutos despois Danilo faría o 2-0 marcando a porta baleira logo dunha xogada con varios rexeites do porteiro do Rioaveso, con este 2-0 chegaríase ó descanso.
Na segunda parte, máis do mesmo que na primeira, dominación do Muimenta no encontro con algún que outro arreón do Rioaveso, pero entre a zaga do Muimenta e Ízar, con unha gran actuación, impidían que o Rioaveso acurtara distancias. O 3-0 chegaría logo dunha boa xogada pola banda dereita, Oscar cédelle o balón a Casiano, este vaise polo carril do oito, centra ó punto de penalty e Dani, con un fermoso remate de cabeza, poñía o balón na base do segundo poste, imposible para o gardamallas do Rioaveso. Con un 3-0 no marcador e o partido xa no desconto o Rioaveso ia a marcar o gol da honra, saque dende o medio do campo o xogador do Rioaveso avanza sin que ningun xogador do Muimenta o cubra, dispara dende a liña de tres cuartos e o balón peta na trabe e entra, un golazo para firmar o 3-1 final, o resultado puido ser máis desequilibrante se Danilo e Casiano acertaran a marcar en duas xogadas nas cales so tiñan que empurrar o balón, ámbalas dúas aínda con 2-0 no marcador.
Observacións:
Partido disputado en O'Pichón con unha moi boa entrada de xente.
Peta na trabe entra, jaja
ResponderEliminarMoi boa Vigo
fermoso gol si señor jajajaja
ResponderEliminargracias vigo ;)
Grandisimas as tuas cronicas eh!! jejeje
ResponderEliminarA seguir asi! Que este ano facomos algo grande!!! :)