Dende o día 20/02/2011 a S.D. Muimenta non gañaba un partido, unha derrota por 2-0 e tres empates consecutivos 1-1, mandaron ó equipo de Pereira á terceira praza. Pero de novo, cando máis falla tiña de gañar o Muimenta, apareceu O’Pichón, todo un talismán no que vai de temporada para o equipo chairego, pois non coñece a derrota.
As principais novidades no once foron a volta de Dani e Ruben, central e lateral esquerdo, respectivamente. O encontro comenzou con moito ritmo nos primeiros compases e o Muimenta avisaba do que máis tarde iva chegar, con un posible penalty por mans que o colexiado non chegou a pitar. Os visitantes responderon 1 minuto despois logo dunha boa xogada que rematou con un pase entre os dous centrais do Muimenta, pero Ízar moi atento conseguiría atrapar o esférico.
Cascudo e David alternaban ben para baixar a recibir entre líñas e Casiano e Moreno creaban moito perigro polas bandas á defensa do Sacido. Logo dunha boa xogada no medio do campo do Muimenta o balón chegaría á banda de Casiano este centra e un xogador do Sacido tócalle ó esférico ca man e esta vez o colexiado sinala penalty . Cascudo poñería o 1-0 no marcador tras transformar a pena máxima.
Logo do gol nos primeiros instantes do encontro, os xogadores do Muimenta conseguirían ter máis control do partido e practicaban un xogo moi colectivo. Casiano avisaba ó gardamallas do Sacido con centro chut que se estrelaría na trabe. Yader tamen tivo unha gran ocasión que non conseguir materializar, centro de Casiano dende a banda dereita e completamente solo no punto de penalty Yader mandaría o balón fora. O Muimenta perdoaba, e o Sacido nunha das poucas ocasións que tivo mandaría o balón ó fondo das mallas. Xogada dende o medio do campo, un balón raso en profundidade e o dianteiro do Sacido pica o esférico por riba de Ízar fancendo así inútil a saída de éste, pouco puido facer. Así chegaríamos ó descanso.
Trala reanudación, o Muimenta mostrou a súa mellor cara e puxo ó Sacido contra as cordas. O equipo da costa lucense íase quedar con un home menos, falta dun xogador do Sacido que facía pouco que entrara no encontro e o colexiado amósalle o cartón amarelo, despois dunha insistente protesta do xogador, o colexiado volvería a sacarlle cartón amarelo e polo conseguinte a expulsión.
Se o Muimenta tiña antes o control do partido, tras quedarse o Sacido con un home menos, a posesión do esférico sería moito maior para o equipo chairego. E os goles pronto chegarían.
O Muimenta logría o 2-1 logo dun saque de esquina que Miguel Morán remataría no segundo poste, pincando coa testa o esférico.
O 3-1 chegaría tamén dun saque de esquina minutos despois. Adrián peina hacia atrás o balón no primeiro poste e David remataría a gol con un fermoso remate de cabeza.
Pero o capitán da S.D. Muimenta firmaría a sentencia co 4-1, un auténtico golazo. Casiano recibe o balón na medular, avanza uns metros, levanta cabeza e mira á portería, ve ó gardamallas un pouco adiantado e non o dubida; solta un zurriagazo coa dereita dende a liña de tres cuartos e o balón logo de estrelarse no travesaño con moita forza peta no chan e entra.
O Muimenta tras conseguir estes tres puntos deitase segundo na clasificación á espera do que faga mañá o Alfoz.
Baixo o meu punto de vista esta é unha das mellores cronicas que fixen...
ResponderEliminarjajajajajja
Que opinades?
non é por quitarlle mérito a david pero o seu gol non foi tan fermoso, e tampouco foi ca cabeza
ResponderEliminarAi Dios! eso pásame por facerlle caso a Danilo. Chameino porque non me acordaba como fora o gol e dixome así! jajajajaja
ResponderEliminareu díxenche qe a remachara david, pero nn con que. Boa cronica zurriaga!jejejeje
ResponderEliminarboa cronica vigo pero o gol do sacido non foi un pase raso porque me pasou a min por riba jajaja
ResponderEliminarpero tu eres moi baixo danny... jajajajajjaaj
ResponderEliminarPD.: Para o ano que ben tentarei facelo mellor apuntando datos durante o encontro etc para que non pasen cousas deste tipo.
esta ben así vigo!non fai falta k te esforces tanto, e normal ten algun fallo!
ResponderEliminarxa sei ke son baixo jajaja
ResponderEliminarEsta ben a crónica si señor!! Hai que seguir asii!!
ResponderEliminararriba Muimenta!